Está a punto de chover en Chicago... e nos meus ollos, escribiu o corresponsal enviado a cubrir a cousa de Obama hai sete días. Escribiu tamén: veñen os teus labios á miña boca ao despertar; entre todas as mulleres busco os teus dedos e só encontro frío, frío; non podo vivir sen a túa voz. Foi un desliz. Enviou a unha dirección electrónica equivocada aquela carta. O redactor, preso doutro desliz, incluíu aquela misiva na edición do diario. Os lectores non daban creto a aquela declaración de amor en medio de tantos datos e análises. O director, evidentemente, chamou ao corresponsal e ao redactor. Dixo que prescindía dos seus servizos. A profesionalidade e o amor van en dirección contraria. O corresponsal en Chicago quedou en evidencia diante dos lectores, desprestixiado como periodista, e no paro, como tres millóns de españois. Estaban o redactor e o corresponsal nun bar purgando tristezas, bebéndose a noite. ¿Como editaches a carta, como non me chamaches, como foi posible? Iso pregunta...